Domingo, 19 de abril de 2009
Inscrición: Do 3 ó 8 Abril
Ruta LXXVI – A TERRA DO REI CINTOLO –

Información: 981 613170 omix@cambre.orgEsta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
LUGAR E HORA DE SAÍDA:

Apeadeiro Cecebre 07,30

Casa das Palmeiras 07,40

Colexio Portofaro 07,45

Urb. A Barcala 07,50

Campo da Feira 08,00

Local Social Anceis 08,10

HORA APROX. DE CHEGADA: sobre as 19 horas.

TELÉFONO ACTIVIDADE: 609.510.331 (teléfono operativo durante a actividade)

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: No Concello, na OMIX. Teléfono 981.613.170

DISTANCIA E DURACIÓN DO PERCORRIDO: Sobre uns 15 km en 5h 30´

DIFICULTADE: Media

ITINERARIO: (Galgao – Mondoñedo) Galgao – Samordas – Bicos – Pousolido – Cova do Rei Cintolo – Salto do Coro – Valiñadares – Mondoñedo

PUNTOS DE INTERESE: A igrexa de San Martiño de Galgao, o Camiño Norte de Santiago, unha antiga fábrica de Mármore e uns fornos de fundición de cal, a celebérrima Cova do Rei Cintolo, o salto do Coro e o medievalesco feudo de Mondoñedo, antiga capital dunha das sete provincias galegas.

CAMIÑOS: corredoiras entre magníficas fragas, antigas sendas ben conservados polas que xa fai tempo non se camiña, pistas de terra, un pouco de asfalto e parte do Camiño Norte de Santiago.

EQUIPAMENTO: En ruta debemos levar, roupa cómoda e adaptada á meteoroloxía, calzado que non sexa de estrea (botas para camiñar), xersei ou forro polar, chuvasqueiro… Auga (ou mellor bebidas con sales minerais). Recoméndase levar cámara de fotos e gorra ou sombreiro. Un bastón seranos moi útil.

AVISOS: Levar o xantar e complementos (pan, auga…). É domingo de feira en Cambre, polo tanto atención ao tema do aparcamento.

NOTA: hai prevista unha visita á cova do Rei Cintolo; dado o réxime de visitas só poden acceder unhas poucas persoas, polo que, entre os inscritos á ruta celebraremos un sorteo para determinar quenes serán os-as afortunados en penetrar nas profundidades da terra. Os elixidos terán que levar, a maiores, o seguinte material: botas de auga ou de gore-tex (ou membrana similar)con sola de goma e roupa que se poida arrastrar. A organización dotará do seguinte material: mono tipo Prestige, casco con luz incorporada e luvas

IMPORTANTÍSIMO: A organización resérvase o dereito de non permitir a participación na ruta a toda aquela persoa que non leve o material axeitado para camiñar. Na OMIX, gustosamente, vos asesoraremos sobre este tema.

Fuente boletín concello de Cambre