Archive for the 'Informacion' Category

Senderismo, Normas con el entorno natural

Outubro 2nd, 2008

  • No hacer fuego en zonas de bosque o con riesgo de incendio.
  • Llevar todas las basuras hasta el contenedor más cercano.
  • Respetar el trazado de los senderos y no utilizar atajos, sobretodo en las zonas más sensibles a la erosión (dunas, pendientes herbosas…)
  • Respeto a la población local y a sus propiedades. Cierra los portillos en los cercados, puertas de las cabañas, refugios, etc.
  • Los perros por norma deben ir atados para que no molesten ni asusten al ganado o fauna salvaje.
  • Respeto y cuidado de las fuentes y cursos de agua, sin verter en ellos detergentes, productos contaminantes ni residuos.
  • Respetar la fauna y flora.
  • Respetar y disfrutar del silencio, para oír la música de la naturaleza.
  • No acampar por libre; hacerlo en los lugares de acampada establecidos.
  • Los vehículos de motor son para desplazarse en carretera. No deben de utilizarse en las pistas, rompiendo la paz natural y perturbando los ecosistemas.
  • La utilización de vehículos a motor, la recogida de plantas y frutos del campo están reguladas o prohibidas en muchas zonas de la montaña, especialmente en los parques y reservas naturales.

La concienciación sobre la necesidad de conservación del medio ambiente, se puede hacer a través de:

  • Paneles y pies informativos instalados a lo largo de los recorridos balizados.
  • Las correspondientes topoguías, folletos etc.
  • En los lugares sensibles se procurará recurrir de un guía acompañante o educador que posea conocimientos sobre el medio.
  • Se recomienda que en aquellos soportes o placas señalíticas, que puedan soportar textos, se inserte una leyenda ecológica.

Normas para la ubicación de señales

Outubro 2nd, 2008

1) Conceptos generales.

  • La señalización ha de responder a los criterios de discreción, eficacia y limpieza
  • Deben de ser suficientes para guiar a una persona sin experiencia.
  • La marcas se han de colocar de manera que sean visibles en los dos sentidos de marcha posibles, sobre todo en el caso de los senderos lineales.

2) Criterios generales.

  • Evitar colocar la marca en la plataforma del sendero.
  • Buscar el soporte más duradero.
  • Ubicadas entre el metro y el metro medio de altura, salvo que las características del sendero aconsejen otra instalación.
  • Se debe de contar con el permiso del propietario (tanto público como privado) de los lugares donde se vayan a colocar las marcas.

3) Donde se ha de marcar obligatoriamente.

  • Entrada y salida de los núcleos de población.
  • En cruces y cambios de dirección habrá una señal de continuidad en los cinco

primeros metros del trazado correcto y otra de confirmación a unos 50 metros

  • En los cruces o bifurcaciones, se pondrá la señal de dirección incorrecta en los ramales que no van a ser señalizados como parte del sendero.
  • En las dos orillas de un barranco o río con caudal continuo que haya que vadear (no es obligatorio si hay puente, pasarela, etc.).
  • En los puntos de acceso y salida del sendero a carreteras y pistas.
  • En entradas y salidas de masas boscosas y zonas de campo, cuando ambas no sean evidentes.

  Continue Reading »

Sistema M.I.D.E.

Setembro 16th, 2008

M.I.D.E. é un sistema de comunicación entre excursionistas para valorar e expresar as esixencias técnicas e físicas dos percorridos. O seu obxectivo é unificar as apreciacións sobre a dificultade dos sendeiros para permitirlle a cada afeccionado unha mellor elección. De calquera forma, o lector debe saber que a Natureza é máis complexa do que un sistema subxectivo como o M.I.D.E. pode valorar.

Valórase de 1 a 5 puntos.

  MEDIO SEVERIDADE DO MEDIO NATURAL
1- Non exento de riscos
2- Hai máis dun factor de risco
3- Varios factores de risco
4- Bastantes factores de risco
5- Moitos factores de risco
  ITINERARIO ORIENTACIÓN NO ITINERARIO
1- Camiños e encrucilladas ben definidos
2- Existe traza clara de camiño e sinalización
3- Esixe a identificación de accidentes xeográficos e puntos cardinais
4- Non existe traza sobre o terreo nin seguridade de contar con puntos de referencia
5- O itinerario está interrompido por obstáculos que hai que bordear
  DESPRAZAMENTO DIFICULTADE NO DESPRAZAMENTO
1- Marcha por superficie lisa
2- Camiños con diversos firmes
3- Marcha por sendas escalonadas ou terreos irregulares
4- É preciso o uso das mans ou saltos sobre o terreo
5- Require o uso das mans para a progresión
  ESFORZO CANTIDADE DE ESFORZO NECESARIO
1- Ata unha hora de marcha
2- De 1 a 3 horas de marcha
3- De 3 a 6 horas de marcha
4- De 6 a 10 horas de marcha
5- Máis de 10 horas de marcha

Sendeirismo e Sinais

Setembro 15th, 2008

Os sinais fanse con pintura sobre rocas ou balizas visibles. Pode haber carteis informativos sobre o percorrido en marquesinas ou paneles verticais.Hai tres tipos de sinais:

Sinal de continuidade:

Dous rectángulos paralelos normalmente horizontales coas cores do tipo de carreiro. A cor branca sempre estará por encima.

Cambio brusco de dirección:

Se é moi brusco ponse unha L investida apuntando a dirección correcta debaixo dos sinais de continuidade. Se non é brusco píntanse os rectángulos paralelos «crebados» inicialmente verticais e a certa altura dobran 45º cara ao lado indicado. A banda de cor externa sempre é branca.

Dirección equivocada:

Os dous rectángulos forman un aspa. O de cor branca vai sempre por encima.

os sinais de sendeiros GR, PR e SL (estas últimas sen utilización en Galicia), están protexidas polo rexistro de patentes e marcas.

O seu uso, sempre, deberá ser autorizado pola FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada) e en Galicia pola FGM (Federación Galega de Montañismo).

Convenio en la Unión Europea para el senderismo

Setembro 15th, 2008

Sendeiros de Gran Percorrido:
Noméanse coas letras GR e o número de identificación. Están balizados internacionalmente cos sinais brancos e vermellas. O percorrido é maior de 50 Km dividido en varias xornadas. Son itinerarios peatonales non aptos para motor. Cando os carreiros de Gran Percorrido pasan as fronteiras dun estado son competencia da European Rambler Association (E.R.A.)

Sendeiros de Pequeno Percorrido:
Noméanse coas letras PR as iniciais da comunidade autónoma e o seu número no rexistro de carreiros. Están balizados internacionalmente cos sinais brancos e amarelas e céntranse nunha contorna específica. O percorrido é duns 10 a 50 Km e están preparados para realizarse nunha ou dúas xornadas.

Sendeiros Locais:
Cun percorrido de ata 10 Km e coa nomenclatura SL, se balizan cos sinais brancos e verdes. Aconséllase que non excedan de 5 Km ou dúas horas de percorrido. Son moi específicos.

O camiño Inglés Fene

Setembro 14th, 2008

Distancias Ferrol-Neda: 13 Km ao albergue

Neda-Pontedeume: 13 km

Pontedeume-Miño: 10 Km ao albergue

Miño-Betanzos: 8 Km

Betanzos-Presedo: 14 Km

Presedo-Bruma: 14 Km ao albergue

Bruma-Ordes: 14 Km

Ordes-Sigüeiro: 16 Km

Sigüeiro-Santiago: 18 Km

Total: 120 Km aprox.

Por Neda pasa un dos camiños de Santiago, coñecido como «Camiño Inglés», que parte de Ferrol e, logo de 117 quilómetros, chega a Compostela.

Saída: Porto de Ferrol, circunvalación das murallas de Bazán-Izar-, Caranza, Gándara. Entrada en Narón, mosteiro de San Martiño de Xuvia, muíño das Aceas, paseo marítimo, nova ponte peonil sobre o río Xuvia. Unha vez cruzada, estamos en Neda.

En Neda temos o primeiro dos albergues da ruta, con 34 camas, na mesma beira do río Xuvia.

Historia

Sobre o emprazamento dos antigos poboados preceltas ou celtas levantouse un castelo ou un santuario e calquera de estes foi a matriz da vila. No caso concreto de Neda a existencia aínda hoxe en día dunha «Rúa do Castro» nos leva forzosamente ao recinto fortificado, cristianizado máis tarde en época non determinada, por un pequeno santuario dedicado a San Nicolás de Bari, santo que gozou de gran culto en Occidente (dous mil igrexas no seu honor en Francia e Alemaña, catrocentas en Inglaterra) culto debido, tal vez, ás Cruzadas e aos Santos Lugares.

Cruzados e peregrinos encontrábanse ao iren ou o volveren en Bari onde, precisamente, gardábanse os restos mortais do Santo nun templo a el consagrado. Era patrón e avogado de navegantes, panadeiros, escolares, aprendices. Co tempo, o pequeno santuario de Neda converteuse en parroquia; sona como tal na segunda metade do século XIV. Dous documentos a mencionan entre un e outro corenta anos: 1356 e 1396. Pero non se trata agora de referirnos a San Nicolás de Neda, senón a todo Neda, San Nicolás e Santa María, como camiño de peregrinación.

Estamos acostumados a non oír falar máis que do Camiño Francés, que seguindo a dirección da Vía Láctea, atravesa o norte da Península Ibérica desde os altos portos do Perineo ata o Pórtico da Gloria. Pero a verdade é que outros camiños levan a Compostela e este de Neda era un deles.

Nunha escritura do ano 1705 delimítase un terreo situado na parroquia de Santa María de Neda. Dí o documento que o devandito terreo testaba co Camiño Francés. Este camiño partía de Ferrol e, pola Madalena, Caranza, San Martiño de Xuvia, alcanzaba a ponte de Xuvia.

Continue Reading »

Paseo Marítimo Fene

Setembro 14th, 2008

Dende a ponte do río Xuvia, pola beira da ría, está en fase de construción un paseo marítimo que permite gozar da paisaxe, do habitat e da flora e fauna, tanto a pé como en bicicleta.Cando rematen as obras, serán máis de 5 km que, a súa vez, se unirá co paseo de Narón e o de Fene, facendo un circuito pechado de máis de 10 km, circular, en torno á Ría de Ferrol.

 

Continue Reading »

Travesía Louseira

Setembro 14th, 2008

Duración: 2/3 horas, percorrido curto ou longo, ida e volta.Dificultade: media/baixa.

Saída/chegada: local social de Viladonelle.

Sinalización: pendente de realizarse.

 

Deixando o coche no Local Social de Viladonelle, saímos cara a estrada que vai á Capela. Cruzamos, e en fronte, entre as árbores, hai un camiño fondo, de terra. Pouco a pouco comeza a subir, ata chegar a media ladeira do monte Louseira.

 

Chegamos a unha pista ancha de terra. Collemos por ela á esquerda, baixando. Aos 10 minutos, outra vez entre árbores, hai un primeiro cruzamento. Se queremos facer o camiño curto (A), collemos por el á esquerda, ata a aldea de Lobeira, e alí, pola esquerda, voltamos a Viladonelle.

  Continue Reading »

Senda circular do Monte Louseira (Neda)

Setembro 14th, 2008

Duración: dende a vila de Neda: 4 horasdende Viladonelle: 2 horas

Dificultade: media.

Desnivel máximo: 400 metros.

Características: circular.

Saída e chegada: Casa das Palmeiras, na Vila de Neda.

O primeiro tramo coincide coa Senda PRG-16, ata a aldea de Viladonelle. Se non se quere facer o percorrido de 4 horas, pódese ir en coche ata Viladonelle, aparcar no local social e continuar a pé, facendo 2 horas en total, tamén circulares.

Saímos da Casa das Palmeiras, subindo por asfalto até o Pavillón Polideportivo, logo ata Os Pazos, e despois dunha pronunciada subida, chegamos á Rabadeña. Collemos á esquerda, por chan asfaltado, logo, no primeiro cruzamento, á dereita, e cando baixa o asfalto á esquerda, nós collemos pola dereita, por terra.

Seguimos por esa pista, e cando na primeira sube, baixamos á esquerda, por pista de terra e monte, horizontal, até as casas do Carballal. Alí baixamos bruscamente á esquerda, ata o río Belelle, no Roxal. Ao chegarmos á estrada xeral que vai a A Capela, hai un bar. Metémonos á dereita, en dirección á Fervenza, pasando polo Pazo de Isabel II, e por un gran muíño.

De inmediato, deixamos o asfalto e, pola esquerda, internámonos no monte, subindo ata chegarmos a Viladonelle. Alí, unha vez pasada a igrexa, deixamos a Senda PRG-16, é, en lugar de seguir recto cara á estrada de A Capela, collemos á dereita cara ó Local Social. Pasamos por diante e atravesamos a devandita estrada.

De fronte aparece un camiño fondo que se mete polo monte, en curva e ascendendo en forma pronunciada. Ao chegarmos arriba, na faldra do Monte Louseira, atoparemos unha pista ancha de terra, aberta con máquina, que collemos á esquerda, baixando. Aparecerá, a uns 10 minutos, un cruzamento á esquerda e dereita: o primeiro vai directamente a Lobeira, o segundo a Naraío.

Continue Reading »

Ruta dos muíños

Setembro 14th, 2008

Duración: 3 horasDificultade: baixa

Sinalización: branca e amarela

Sáese da ponte de Santa María, pola beira esquerda, no cruzamento da estrada xeral AC-115 coas rúas Paraíso e Balvís, xunto ao bar «El Puente». Pásase polo gran «Muíño do Cubo» -posible vista-. A uns 300 metros xírase á esquerda polo primeiro camiño asfaltado -Camiño da Pontegrande-. Por el, logo duns 500 metros, chegamos ó «Muiño do Carballo» -posible vista-. Xunto ó río, á dereita, seguimos uns 100 metros máis e atopamos A Ponte Nova. Non o cruzamos, senón que seguimos recto polo asfalto, subindo, ata chegar ao monte. Hai un camiño, á esquerda, que se mete por el, e lévanos ata o río. Un pouco antes, á dereita, o camiño sube e logo baixa, pero sempre á beira do Belelle.

Hay un só elemento de dificultade: un paso rocoso mollado por un manancial.

Pasar con coidado, agarrándonos e fixando ben os pés. Ao final, chegamos ao»Muíño de Bigotes», actual piscifactoría.

Cruzamos a ponte e tomamos á dereita, xa pola outra beira. En 10 minutos estamos na área recreativa de Maciñeira.

Seguimos xunto o río, baixo as árbores, até chegar ao asfalto, xunto a dous muíños. Á dereita, a ponte, que cruzamos dirixímonos á esquerda. Pola beira, a uns 300 metros hai outra ponte, que cruzamos e chegamos ás casas de O Roxal. Hai un bar na estrada. Aquí pode rematar o percorrido e iniciamos o regreso polo mesmo itinerario. Os que queiran máis, seguen camiño da Fervenza. Pasan polo pazo de Isabel II (s. XIX), polo «Muíño do Neno» e «Muíño da Varcia». Se visita a central e a fervenza (2 km máis). Regreso polo mesmo itinerario até a Ponte de Bigotes.

Continue Reading »

Next »