Ruta circular de Neda 'PRG-16'
admin Setembro 14th, 2008
Distancia total: 20 km aprox.6 horasNivel de dificultade: media en xeral, ten tres costas de certa importancia. É realizable en bicicleta de montaña -desnivel: 410 m.
Saída-chegada: Casa das Palmeiras de Neda.
Sinalización: marcas brancas e amarelas en todo o percorrido, ademáis de carteis metálicos nos cruzamentos importantes.
Época ideal: primavera ou outono, ten zonas húmidas. Si se pode, facer coincidir a posta de sol no Coto de Ancos
Onde comer: Casa Amador, Casa Falcón, Casa Ferreiro. O pan de Neda ten distinción de calidade, hai múltiples panadarías.
Edificios notábeis: casco histórico de Neda, Pazo Isabel II, Igrexa dos Remedios, Cruceiro dos Galanos, Castros de Viladonelle e Ancos.
Lugares naturais: Couce do río Belelle, Fervenza, Coto de Ancos.
O sendeiro comeza no centro da Vila, na Casa das Palmeiras, fronte ó Concello, na parada de Taxis. Remóntase cara ó Pavillón Polideportivo e máis adiante, á esquerda, en dirección a Os Pazos. Subindo, a ruta leva ó lugar e fonte da Rabadeña, na ladeira do Monte Marraxón (333 mts). Aquí hai un dos dólmenes catalogados que ten o Concello. Dende o cumio divísanse as rías e parte da Costa da Morte.