Ruta Santo Estevo
admin Agosto 4th, 2009
* Lonxitude aproximada: 9,58 quilómetros
* Duración aproximada: 2h 39 min
* Dificultade: media
* Tipo: ruta circular a pé
* Coordenadas inicio: lat: N42 25.0219, lonx: W7 41.1655
* Altitude min: 464 metros / Altitude max. 735 metros
* Desnivel acum. subindo: 756 metros / Desnivel acum. baixando: 757 metros
* Lugares de maior interese: Bosque autóctono, Mosteiro de Santo Estevo, patrimonio etnográfico e montaña.
DESCRICIÓN DA RUTA
(A: WP1) Mosteiro e Parador de Santo Estevo
De fronte ao mosteiro, coller á man esquerda pasando diante do cruceiro e adentrarse no camiño. Empréndese camiño no sentido contrario ás agullas do reloxo.
(B: WP2) Bifurcación
Coller no ramal á esquerda, seguir a señalización branco/amarelo.
(C: WP3) Vista ao pobo de Paradela
Cara a onde nos diriximos.
(D: WP4) Un alto no camiño.
Formación granítica típica da zona.
(E: WP5) O pobo de Paradela
Antes de chegar podemos disfrutar dunha vista cara o mosteiro. Para seguir a ruta completa, seguir a señalización amarelo/branco (de fronte). Dende aquí pódese acortar a ruta indo directamente ao WP13. Para isto, subir 1km pola estrada e no edificio gris coller á esquerda cara aos Penedos do Castro.
(F: WP6) O pobo de Viduedo
O nome vén dun toponimio da palabra galega “vido” que significa bidueiro que nos dá unha idea da árbore predominante da zona. Seguimos á esquerda a señalización amarelo/branco por estrada (1km). Á dereita
hai unha bifurcación cara a necrópole megalítica das Mámoas das Cabanas (1,5km) dende onde podemos alcanzar a estrada, coller á esquerda e volver a enlazar coa ruta no WP7.
(G: WP7) Bifurcación
Coller á esquerda polo camiño (deixar a estrada).
(H: WP8) Pola serra e Rebordondo
Parte do camiño pola serra de Rebordondo. Vista cara a Luintra (capital do Concello).
(I: WP9) Bifurcación
Coller á esquerda en dirección aos Penedos do Castro/Mosteiro de Santo Estevo.
(J: WP10) O pobo de Pombar
Coller á dereita para ver a capela con restos prerománcios, logo volver sobre os pasos eseguir de fronte.
(K: WP11) O Canastro de Pombar
Seguir de fronte (non coller á dereita seguindo as indicacións do Camiño Natural). Así pasaremos por unCanastro moi ben conservado. Os canastros son a forma primitiva dos hórreos e servían para gardar o millo.
(L: WP12) Bifurcación cara a ParadelaColler á esquerda a estrada e deseguido á dereita en dirección Paradela.
(M: WP13) Edificio-escola Paradela Coller á dereita polo camiño. (Nota: se vimos do WP5 pola estrada coller á esquerda)
(N: WP14) Panel explicativo Penedos de Castro.
(O: WP15) Castro Penedos do Castro Xacemento da Idade de Ferro, excavado e señalizado. Fixarse na inscrición LEOVIGILDUX na pedra grande no alto do castro. Dende aquí hai unha vista magnífica sobre o Mosteiro de Santo Estevo.
(P: WP16) Baixada a Santo Estevo
Bastante pronunciada, hai que ter especial coidado con tempo húmido e de xeada. Durante o camiño poderemos difrutar dunha nova vista cara aos Pendos do Castro.
- Uncategorized
- Comments(0)